16 abr 2009

POE E O RELATO DE TERROR





Este ano cúmprense 200 anos do nacemento dun dos máis importantes escritores da literatura mundial.
Edgar Allan Poe foi un escritor, poeta e crítico estadounidense, moi coñecido por ser o primeiro maestro do relato corto de terror e de misterio. Foi o renovador da novela gótica e é considerado o inventor do relato detectivesco e contribui tamén con varias obras o xénero emerxente da ciencia ficción. A súa vida estivo marcada pola traxedia, os seus pais morreron cando el era só un neno e foi criado por John Allan, un rico home de negocios de Virginia. Disfrrutou dunha exquisita educación en Inglaterra e Estados Unidos. Debido a súa afición á bebida e o xogo tivo que traballar como empregado do seu tutor para pagar as súas deudas.


Abandonou ese traballo para adicarse á escritura e foi o primeiro escritor estadounidense que intentou facer da escritura o seu modus vivendi. Publicou o seu primerio libro de forma anónima co título de Tamerlán e outros poemas en 1827. Os seus relatos máis coñecidos son os de terror O gato negro, O pozo e o péndulo, Morella. Podes ler estos relatos na biblioteca do noso instituto na que encontrarás as súas narracións extraordinarias en galego, castelán e inglés.
ENLACES DE INTERESE

No hay comentarios: