A celebración do Día do Libro promulgada pola Unesco pretende fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual. Celébrase desde o día 23 de abril de 1996 e cada ano únense máis países a esta inicitativa cultural.
A elección deste día débese a que o 23 de abril de 1616 morreron dous dos máis importantes escritores da literatura universal, Cervantes e Shakespeare.
Os libreiros españois colaboran con esta celebración facendo un desconto do dez por cento nas compras de libros.
Desde hai trece anos o Círculo de Belas Artes de Madrid organiza a lectura continuada do Quijote cervantino os días 22 e 23 na que participan tanto importantes personalidades da cultura como cidadáns anónimos que queren homenaxear así un dos máis ilustres novelistas da literatura castelá.
O día do Libro tamén se entrega o premio Cervantes que nesta ocasión foille concedido ó autor catalán Juan Marsé, seudónimo de Juan Faneca Roca. Marsé é autor de obras tan importantes como Últimas tardes con Teresa, Si te dicen que caí o El embrujo de Shanghai.
No hay comentarios:
Publicar un comentario