Para celebrar o día do libro no IES de Ortigueira imos realizar un expurgo de libros na biblioteca. Todos os membros da comunidade educativa poderán levar aqueles libros que sexan do seu agrado. Esperamos que todos disfrutedes deste día lendo un bo libro e que visitedes a biblioteca ó longo de toda a mañá.
Ademais tamén poderedes disfrutar dunha exposición sobre o xenial escritor de contos de terror Edgar Allan Poe realizada pola profesora de Música, Mª Vicenta Sustaeta Fernández, a quen lle agradecemos moito o seu traballo e que é unha aportación ó Seminario de Creación de Recursos da Biblioteca.
Este é o blog da biblioteca do I.E.S. de Ortigueira. Esperamos que che guste. Podes deixar as túas suxerencias no buzón da biblioteca ou aquí mesmo, en forma de comentarios ás entradas que publicamos. Aquí usamos as imaxes cunha finalidade didáctica. Se algunha está suxeita a dereitos de autor, por favor, avisádenos. Grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario