Este ano o día das Letras Galegas está adicado a UXIO NOVONEIRA. Poeta do Caurel.
A continuación, engadimos algúns enlaces de interese para coñecer a este poeta:
1. Neste enlace do Centro de Documentación da AELG, atoparedes información xeral sobre o autor.
2.Letanía de GALICIA, poema lido polo autor.
3.Video musical, no que soa un poema de Uxio Novoneira musicado por Emilio Cao.
Na biblioteca atoparedes varios poemarios del. Desfrutádeo.
5 may 2010
27 abr 2010
CUMBRES BORRASCOSAS NO CLUBE DE LECTURA
E esta vai ser a derradeira novela deste ano: Cumbres borrascosas, nada menos. Aquí non andamos con tonterías: que si busca o tesouro, que se reolve ó enigma. Nada, nada: poesía sen anestesia e a pluma, cal bisturí, directa ó corazón palpitante. Na imaxe, a adaptación cinematográfica máis coñecida, con Lawrence Olivier facendo de Heathcliff e Merle Oberon como Catherine Earnshaw. E ós seus pés, por suposto, a queiruga. (Clube de Lectura do I.E.S. Ortigueira)
22 abr 2010
VENRES 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO
21 abr 2010
CELEBRACIÓN DO CENTENARIO DO NACEMENTO DE MIGUEL HERNÁNDEZ
Miguel Hernández é un dos poetas máis importantes da literatura española da primeira metade do século XX. Poeta de transición entre a xeración do 27 e a do 36, foi considerado por Dámaso Alonso "genial epígono de la generación del 27". Escritor autodidacta, boa parte da súa xuventude pasouna exercendo de pastor xa que pertencía a unha humilde familia de Orihuela, que escribiu unha poesía na que asume todas as tendencias estéticas presentes na época: neogongorismo, surrealismo, neopopularismo e poesía social.
Na súa obra destacan a preciosa "Elegía a Ramón Sijé" e "Nanas de la cebolla".
Enlaces de interese:
3 abr 2010
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Hoxe, dous de abril, aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Aproveitando esta data, desde a biblioteca do IES queremos animarvos a recordar algunhas das obras máis coñecidas deste autor de contos tan famosos como “El patito feo”, “La sirenita”, “El soldadito de plomo”.
“A lectura é unha fiestra pola que os nenos ven e coñecen o mundo e se coñecen a si mesmos. Non verá o neno a beleza do mundo circundante se non percibiron a beleza da palabra lida no libro” (Vasili Sjomlinsky)
25 mar 2010
MIGUEL DELIBES, UN HOME, UNHA PAISAXE, UNHA PAIXÓN......
O gran novelista vallisoletano morreu o pasado día 12 de marzo e deixou orfo o mundo das letras hispanas. Miguel Delibes foi o novelista de Castela e o novelista da natureza, pero desde as súas novelas pódese trascender a unha dimensión universal e os seus personaxes son vivos retratos da segunda metade do século XX. Ademais de novelista foi un importante xornalista que desenvolveu a súa carreira no xornal "El Norte de Castilla", do que chegou a ser director. Desde as páxinas deste xornal, Delibes dedicouse a loitar polo mundo rural da meseta castelá.
As súas novelas máis coñecidas son El camino (1950), o seu protagonista, Daniel el Mochuelo, é un adolescente que evoca con nostalxia toda a súa infancia a noite antes de marchar á cidade a estudar o Bacharelato; Las ratas (1962), retrata a traxedia do campo castelán e a fabulosa Cinco horas con Mario (1966), monólogo dunha muller diante do cadáver do seu home que constitúe un repaso de toda a súa vida xuntos.
Obtivo numerosos premios entre os que destacan o Cervantes en 1993 e o Príncipe de Asturias en 1982. Foi académico da lingua desde 1973.
7 feb 2010
CHEGOU O ENTROIDO
Chegou o entroido e imos asomarnos as distintas maneiras de festexalo. Na biblioteca haberá unha exposición con algunhas caras do entroido e algún bonito libro. Podes consultar cousas sobre o entroido nesta páxina.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)